Su Méndez

Su MéndezXa perdín a conta, pero creo que por Outubro do 2017 embarqueime no novo proxecto de Pedro de facer un grupo de adestramento ó aire libre, sen necesidade de ximnasios, e non tardei nin un día en darme conta de que era un acerto.
Pasei a adicar un par de días á semana a una nova actividade (nada monótona) na que tanto corriqueandamos polo monte, como facemos exercicios funcionais, como facemos probas de orientación, como facemos o que poidamos porque non damos feito coas maniotas que temos do día anterior… 😅 todo isto sempre da man dun trainer excepcional que anima e chincha para sacar o mellor de unha.

Sempre fixen deporte e o sigo facendo, pero estas sesións divertidas, moi variadas e cheas de natureza, converteron o «outro día» no «agora», e os resultados comezaron a notarse.

Metas (im)posibles converteuse para min nun reto conseguido, nun propósito contínuo, nun grupo de cabritiñ@s (co maior á cabeza) que gozamos da natureza, mollámonos, caemos, volvemonos a levantar, queixámonos, si, pero sobre todo rimos, rimos moito.

Pensei moitas veces en como plasmar, como describir a miña experiencia e é difícil. O mellor é que aqueles que teñan algunha dúbida o veñan probar.