Hai uns meses, comecei a entrenar con Pedro no seu proxecto de Metas Imposibles.
Practicamente dende nena non voltara a correr, sempre dicía que non me gustaba, que me requería moito esforzo, e porqué non dicilo… sufrimento 😬
Con esta historia detrás, empuxada polos comentarios dos compis, decindín probar e acompañalos.
Un sábado pola mañán despois de soar varias veces a alarma do móvil, cos ollos medio pechados e pensando: “quen me mandaría a min erguerme cedo na fin de semana para correr🤦🏻♀”, collín as zapatillas e prepareime para unha mañán de entreno co grupo de Metas Imposibles.
A partires de entón, ó contrario do que eu esperaba, os entrenos con Pedro voltáronse imprescindibles!!! … Como explicar o porqué?
Que supón para min un entreno con Metas Imposibles? 🤔😊
A xornada comeza nun lugar no que quedamos para sair xuntos. Estes primeiros minutos resultan especiais.
Neste momento de encontro xa estamos a pensar en como será a ruta, por onde correremos, que paisaxes descubriremos esta vez, como será o percorrido que Pedro preparou esta vez para nós.
E por fin, chegamos ó monte e o corpo empeza a reaccionar: Respiras, miras, escoitas,… a natureza parece encher todo o teu corpo.
E comezas a correr…
Sentir a terra, a herba, e tamén, en ocasións, a auga nos teus pes…
Correr no medio da natureza: Unha sensación total de liberdade.
🏃🏻♀🌳🌳🗽
E isto ata chegar o día de hoxe: por primeira vez participei nun trail de 12 km (12!! 😳 quen mo ia dicir!!😅) nos muiños do Folón.
E todas esas percepcións das que falei, multiplicáronse por mil, para centrarse nunha soa e ben clara, que o teu corpo berra ben alto: ESTOUUU VIVAAAA!!!!
Así que GRAZAS PEDRO!!!
Por descubrirme a liberdade correndo na natureza!!!
Por axudarme a ALCANZAR UNHA META IMPOSIBLE!!!