Bea Bravo

En Maio do 2018 apunteime ó grupo de adestramento «Metas Imposibles», era xusto o que estaba buscando. É unha a mestura da miña afección de andar ó aire libre polos montes 🙂 e practicar deporte funcional. Resúltanme aborrecidos os deportes que se centran solo en maquinas, etc….
En pouco tempo noto as melloras físicas pero tamén as psicolóxicas, xa todos sabemos os beneficios que ten practicar deporte para liberar o estres, etc, sobre todo cando encontras un grupo tan estupendo como este, no que todos os días hai risas e bo ambiente.
O que se refire o adestramento, están comprobadísimas as moitas horas de dedicación de Pedro (o adestrador) a organizar os adestramentos, sempre moi divertidos, completos e diferentes. Sempre preocupado polo mais mínimo detalle, dándonos consellos e explicándonos todo para que non nos manquemos, deshidratemos, teñamos boa alimentación…
Pouco mais podo dicir, solo que o recomendo 100% e asi próbano nas súas propias carnes, que mais seguro acaben con maniotas 😆 pero tamén con moita satisfacción persoal.